Miedo..!

Navidade Primaveiral

miércoles, 5 de marzo de 2008

.Xenevra. Leendas Arturicas.


Raíña. É a única filla lexítima do rei Leodegán de Carmelida, lexitimidade que vén avalada segundo algúns por unha paqueña marca de nacemento en forma de coroa que ten a raíña, e que a distingue da súa irmá bastarda, a Falsa Xenebra, pois no resto son idénticas. O seu nome debe estar vinculado ao galés "Gwenhwyvar", que significa "branca pantasma". Normalmente alúdese a ela simplemente como "a raíña", xa que, por se algo é coñecida, é precisamente por ser esposa de Arturo. Pero, Lanzarote e ela namóranse en segredo. Logo de moitas aventuras e intrigas, entre elas o namoramento de Mordrec cara á raíña, nunha trampa que tenden os sobriños do rei aos dous amantes, estes son sorprendidos e condenados a morrer na fogueira. Lanzarote logra escapar pero, Xenebra non. Este é a orixe da guerra na que morrerán os mellores cabaleiros da Mesa Redonda, incluído o propio Arturo. Xenebra, tras o desastre, acaba os seus días nun convento.

6 comentarios:

xenevra dijo...

"Logo de moitas aventuras e intrigas, entre elas o namoramento de Mordrec cara á raíña, nunha trampa que tenden os sobriños do rei aos dous amantes, estes son sorprendidos e condenados a morrer na fogueira. "
Ehm??? algo fallou aquí.
Polo resto, gústame a historia que escolliches ;)))

o home do saco dijo...

Enas Amsy a tua historia gústame a túa entrada. Adios

libertad dijo...

Ola que tal? O texto está ben

sr. rodriguez dijo...

Ola. Ben a historia de Xenevra, completa e ben explicada.
Saúdos.

maria rizo dijo...

ola. A historia está ben redactada do resto nada máis.

Mónica dijo...

Ola está entrada está ben