Miedo..!

Navidade Primaveiral

martes, 3 de junio de 2008

A casa misteriosa..Examen da 3ª Avaliación

Era unha casa grande, dicir grande era quedarse curto, era enorme, pasei por diante e quedeime sorprendido da sua altura, nela podian vivir vinte persoas con moita facilidade, pero parecía que vivían unha ou duas persoas como moito porque case nunca se vía entrar xente nela, só un ancian que entraba nun mercedes acompañado da sua muller,da casa pouco máis que dicir do visto polo exterior,tiña duas portas enorme polas que entrar, moitas fiestras e na cima da casa habia un balcón bastante amplo.
Na rúa murmurabase que cando eran novos tiveran un fillo, pero dende que o levaron pa esa casa tan misteriosa nigén máis volvera a velo.
Unha noite de verán, comidos pola curiosidade, eu e uns amigos decidimos entrar na casa para saber como era por dentro, metinme por unha rampilla que había no sotano mentres os outros rapaces vixiaban de que non viñeran os anciáns, esaba todo cheo de pó es moi sucio,non habia nada interesante ata que me fixei nunhas bolsas que habia no chan, abrin unha e estaba todo cheo de xoguetes e cousas para bebés, o que me deu a entender que si que era certa a historia de fillo, tiña que estar nalgunha parte da casa, pero non puiden seguir buscando, xa que os meu amigos me avisaron de que viñan os ancians e tiven que sair pitando de alí.
Nunca máis volvin entrar, quedeime ca intriga do que pasaba nesa misteriosa casa.Ahora que xa pasaron rinta anos a casa xa non é como era, é como a podedes ver a foto, unha pena que non se conservase a casa.É o que fai o paso de tempo.

martes, 27 de mayo de 2008

Xose Maria Alvarez Blázquez


Volvo a comentar hoxe, pero con distinto contido o dos meu compañeiros xa que por motivos inxustificados non puiden vir a semana da poesía.Vouvos falar dun antigo escritor galego.

Xosé María Álvarez Blázquez naceu en Tui o 5 de febreiro de 1915 e falleceu en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor,arqueólogo, investigador e editor galeguista. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 2008.

É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que chega dende a literatura ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista, militando na Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galeguista.

É un dos representantes da vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa.

En 1950 fundou con Luís Viñas Cortegoso a Editorial Monterrey. En 1962 ingresou na Real Academia Galega. En 1964 fundou, xunto aos seus irmáns Álvaro e Emilo Edicións Castrelos, da que foi director xerente, e na que destacan a súa colección O Moucho, de libros do pobo pra o pobo. En 1968 é premio das Letras da Deputación Provincial da Coruña. En 1971 é premio Cidade de Vigo. Foi cronista oficial da cidade de Vigo.

Colaborou en diversos medios (BBC de Londres, Radio Vigo, prensa de Galiza, Portugal e América, etc.) e pronunciou moitas conferencias en España e no mundo.A súa novela En el pueblo hay caras nuevas foi traducida ao francés (Nogent-sur-Marne, 1969).

A sua derradeira obra foi Canle segredo publicado en 1976 pero o cal xa escribira no ano 1954.

Isto e todo, espero que non vos enrollase moito pero estas son as cousas importantes da vida de Xosé María Álvarez Blázquez e tamén merece ser lembrado.

martes, 20 de mayo de 2008

Historieta:

Por fin!! Xa era hora de que Arturo saise do cárcere despois de duas semanas, o pobre home nunca esquecerá porque acabara naquel sitio.
Era un día caluroso de verán e Arturo estaba dando unha volta pola rúa, cada vez tiña máis calor, e non lle chegaban os cartos para un refresco, faltabanlle 5 centimos! Só había un bar en toda a sua vila, e o dono era moi moi rácano, tanto que ata contaba o último centimo.
Decidiu atracar a un ancián que pasaba pola rúa, foi a toda presa e quitoulle a carteira por detrás, con tan mala sorte que o viu un policia que andaba por alí, Arturo colleu un coche e escapou pisandolle a tope, a persecución durou varias horas, ata que o home se meteu polo medio dun prado donde habia un unicornio, atropelouno, o coche volcou e acabou donde ata hoxe estaba.

Lugar para deixar os comentarios do video

martes, 22 de abril de 2008

Monologo interior


Ouch!! Case me corto co coitelo nun dedo! haber se acabo de facer a comida para cando veña o meu neto a comer, mentres non o teña que ir buscar ó colexio irei á orta a plantar unhas poucas pataquiñas máis haber se me chegan pa comer todo o mes...espero que si, senon terie que ir comprar ó super e ca pensión que me dan non me ha chegar para moito...
Ó acabar de comer haber se vou xogar ás cartas a casa das miñas amigas e lles gano ó cabrón, aínda que co tramulleiras que son non vou ter moito que facer contra elas.
Pasarei ali toda a tarde ata as 8 ou 9 e logo verei o partido de fútbol que moito me gusta, haber se gana o deportivo, que leva unha boa racha... Ó acabar o partido ireime a durmir e cando me dea conta xa sera outro dia, outro dia igual.

martes, 25 de marzo de 2008

Segunda Avaliación


Esta avaliación foi moi curta, na clase de técnicas fixemos moitos progresos: aprendemos a poñer videos no blog, aprendemos tamén a facer un cómic que nos abarcou case toda a avaliación e aparte diso tamén aprendemos un pouco das lendas arturicas.
Academicamente non levo un bo recordo da segunda avaliación posto que foi moi mala.
Agora hai que coller forzas para a terceira avaliación e intentar facela o mellor posible.

As vacacións tamén foron moi curtas, ou na miña impresión pasáronse moi rápido e non deu tempo para moito.

Ben isto é todo desde o I.E.S. Lama das Quendas.Ata outra.

miércoles, 5 de marzo de 2008

.Xenevra. Leendas Arturicas.


Raíña. É a única filla lexítima do rei Leodegán de Carmelida, lexitimidade que vén avalada segundo algúns por unha paqueña marca de nacemento en forma de coroa que ten a raíña, e que a distingue da súa irmá bastarda, a Falsa Xenebra, pois no resto son idénticas. O seu nome debe estar vinculado ao galés "Gwenhwyvar", que significa "branca pantasma". Normalmente alúdese a ela simplemente como "a raíña", xa que, por se algo é coñecida, é precisamente por ser esposa de Arturo. Pero, Lanzarote e ela namóranse en segredo. Logo de moitas aventuras e intrigas, entre elas o namoramento de Mordrec cara á raíña, nunha trampa que tenden os sobriños do rei aos dous amantes, estes son sorprendidos e condenados a morrer na fogueira. Lanzarote logra escapar pero, Xenebra non. Este é a orixe da guerra na que morrerán os mellores cabaleiros da Mesa Redonda, incluído o propio Arturo. Xenebra, tras o desastre, acaba os seus días nun convento.