Miedo..!

Navidade Primaveiral

martes, 27 de mayo de 2008

Xose Maria Alvarez Blázquez


Volvo a comentar hoxe, pero con distinto contido o dos meu compañeiros xa que por motivos inxustificados non puiden vir a semana da poesía.Vouvos falar dun antigo escritor galego.

Xosé María Álvarez Blázquez naceu en Tui o 5 de febreiro de 1915 e falleceu en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor,arqueólogo, investigador e editor galeguista. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 2008.

É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que chega dende a literatura ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista, militando na Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galeguista.

É un dos representantes da vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa.

En 1950 fundou con Luís Viñas Cortegoso a Editorial Monterrey. En 1962 ingresou na Real Academia Galega. En 1964 fundou, xunto aos seus irmáns Álvaro e Emilo Edicións Castrelos, da que foi director xerente, e na que destacan a súa colección O Moucho, de libros do pobo pra o pobo. En 1968 é premio das Letras da Deputación Provincial da Coruña. En 1971 é premio Cidade de Vigo. Foi cronista oficial da cidade de Vigo.

Colaborou en diversos medios (BBC de Londres, Radio Vigo, prensa de Galiza, Portugal e América, etc.) e pronunciou moitas conferencias en España e no mundo.A súa novela En el pueblo hay caras nuevas foi traducida ao francés (Nogent-sur-Marne, 1969).

A sua derradeira obra foi Canle segredo publicado en 1976 pero o cal xa escribira no ano 1954.

Isto e todo, espero que non vos enrollase moito pero estas son as cousas importantes da vida de Xosé María Álvarez Blázquez e tamén merece ser lembrado.

martes, 20 de mayo de 2008

Historieta:

Por fin!! Xa era hora de que Arturo saise do cárcere despois de duas semanas, o pobre home nunca esquecerá porque acabara naquel sitio.
Era un día caluroso de verán e Arturo estaba dando unha volta pola rúa, cada vez tiña máis calor, e non lle chegaban os cartos para un refresco, faltabanlle 5 centimos! Só había un bar en toda a sua vila, e o dono era moi moi rácano, tanto que ata contaba o último centimo.
Decidiu atracar a un ancián que pasaba pola rúa, foi a toda presa e quitoulle a carteira por detrás, con tan mala sorte que o viu un policia que andaba por alí, Arturo colleu un coche e escapou pisandolle a tope, a persecución durou varias horas, ata que o home se meteu polo medio dun prado donde habia un unicornio, atropelouno, o coche volcou e acabou donde ata hoxe estaba.

Lugar para deixar os comentarios do video