Ouch!! Case me corto co coitelo nun dedo! haber se acabo de facer a comida para cando veña o meu neto a comer, mentres non o teña que ir buscar ó colexio irei á orta a plantar unhas poucas pataquiñas máis haber se me chegan pa comer todo o mes...espero que si, senon terie que ir comprar ó super e ca pensión que me dan non me ha chegar para moito...
Ó acabar de comer haber se vou xogar ás cartas a casa das miñas amigas e lles gano ó cabrón, aínda que co tramulleiras que son non vou ter moito que facer contra elas.
Pasarei ali toda a tarde ata as 8 ou 9 e logo verei o partido de fútbol que moito me gusta, haber se gana o deportivo, que leva unha boa racha... Ó acabar o partido ireime a durmir e cando me dea conta xa sera outro dia, outro dia igual.