Miedo..!

Navidade Primaveiral

martes, 25 de marzo de 2008

Segunda Avaliación


Esta avaliación foi moi curta, na clase de técnicas fixemos moitos progresos: aprendemos a poñer videos no blog, aprendemos tamén a facer un cómic que nos abarcou case toda a avaliación e aparte diso tamén aprendemos un pouco das lendas arturicas.
Academicamente non levo un bo recordo da segunda avaliación posto que foi moi mala.
Agora hai que coller forzas para a terceira avaliación e intentar facela o mellor posible.

As vacacións tamén foron moi curtas, ou na miña impresión pasáronse moi rápido e non deu tempo para moito.

Ben isto é todo desde o I.E.S. Lama das Quendas.Ata outra.

miércoles, 5 de marzo de 2008

.Xenevra. Leendas Arturicas.


Raíña. É a única filla lexítima do rei Leodegán de Carmelida, lexitimidade que vén avalada segundo algúns por unha paqueña marca de nacemento en forma de coroa que ten a raíña, e que a distingue da súa irmá bastarda, a Falsa Xenebra, pois no resto son idénticas. O seu nome debe estar vinculado ao galés "Gwenhwyvar", que significa "branca pantasma". Normalmente alúdese a ela simplemente como "a raíña", xa que, por se algo é coñecida, é precisamente por ser esposa de Arturo. Pero, Lanzarote e ela namóranse en segredo. Logo de moitas aventuras e intrigas, entre elas o namoramento de Mordrec cara á raíña, nunha trampa que tenden os sobriños do rei aos dous amantes, estes son sorprendidos e condenados a morrer na fogueira. Lanzarote logra escapar pero, Xenebra non. Este é a orixe da guerra na que morrerán os mellores cabaleiros da Mesa Redonda, incluído o propio Arturo. Xenebra, tras o desastre, acaba os seus días nun convento.